Mañá, no Espazo da Natureza de Oza, Senda Nova presenta o seu 10º Outono en Marcha, unha programación de rutas interpretativas nas que se inclue a ruta por Monte Neme e arredores "As pegadas do Volframio" (21 de Novembro) en colaboración coa Plataforma Monte Neme. Animámosvos a participar no programa de rutas completo e acompañarnos un ano máis á subida á nosa balconada de Bergantiños. Parabéns polos 10 anos desta programación @Senda Nova!!

sendanova.org/noticias/present

Monte Neme. Lagoa de Baldaio. Praia de Razo-Baldaio. Un monte con estas fermosas vistas e todo o seu patrimonio histórico e natural é usado como polígono industrial, cunha mina abandonada usada como parque de recreo e atracción pos-turística e un parque eólico en proxecto. 7 anos esperando a restauración.

Ademáis das medidas de aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética, pedimos que PREVALEZA o repotenciamento dos parques eólicos EXISTENTES sobre a autorización de novos proxectos eólicos.

----

@platmonteneme participa do movemento galego que reclama a mudanza do planeamento eólico de Galiza para acadar unha transición ecolóxica que sexa ordenada e xusta.

Podes consultar o manifesto completo en: rb.gy/2ji52e

A Plataforma pola Defensa do Monte Neme participa do movemento galego que reclama a mudanza do planeamento eólico de Galiza co obxectivo, entre outros, de planificar a implantación da enerxía eólica para que a transición ecolóxica sexa ordenada e xusta.

Podes consultar o manifesto completo en: rb.gy/2ji52e

Sumámonos ao Manifesto "ALDEAS CON HORIZONTE" con máis de medio cento de entidades galegas no que demandamos unha moratoria de novos parques eólicos e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica.

amigosdaterra.net/info/160415_


Este domingo percorremos a ruta As pegadas do Volframio (dentro do programa Outono en marcha de Senda Nova) e conmemoramos o Día do Patrimonio nese espazo tan especial que é a Eira das Meigas 🧙🧙‍♀️🧙

Dende Oza ata a praia do Riás, Monte Neme a través. Polo medio: moito patrimonio e historia; igrexas, castros, crómlech... De fondo: das mellores paisaxes da bisbarra. Baixo os pés: un monte mítico e as pegadas que quedan nel.
Aínda estás a tempo, acompañas?

9º Outono en marcha da Asociación Ambiental Senda Nova. Colaborando como Plataforma Monte Neme na ruta "As pegadas do Volframio":
sendanova.org/artigos/en-march

O vindeiro 15 de Novembro, dentro do 9º Outono en marcha, colaboramos coa Asociación Senda Nova na ruta "As pegadas do Volframio" na que visitamos o Monte Neme. Aproveitamos tamén para poñer en valor o milenario crómlech da Eira das Meigas co gallo do Día do Patrimonio. Acompañadenos e disfrutade con nós da mellor balconada de Bergantiños!

Mastodon

This is a brand new server run by the main developers of the project as a spin-off of mastodon.social 🐘 It is not focused on any particular niche interest - everyone is welcome as long as you follow our code of conduct!