Publicado no DOGA o proceso para autorización do parque eólico no Monte Neme con 4 aeroxeradores con rotores de 160m.
A oligarquía enerxética deste país ameaza con ocupar a nosa contorna e mudar irreversiblemente a paisaxe do noso monte senlleiro.
Pero estamos preparándonos e van atopar resistencia. Imos presentar oposición ante esta barbaridade.
Non hai moito tempo, é crucial a vosa participación: difunde, firma, alega e participa no boicot á empresa promotora Enel Green Power/Endesa.