Este domingo percorremos a ruta As pegadas do Volframio (dentro do programa Outono en marcha de Senda Nova) e conmemoramos o Día do Patrimonio nese espazo tan especial que é a Eira das Meigas 🧙🧙♀️🧙
Dende Oza ata a praia do Riás, Monte Neme a través. Polo medio: moito patrimonio e historia; igrexas, castros, crómlech... De fondo: das mellores paisaxes da bisbarra. Baixo os pés: un monte mítico e as pegadas que quedan nel.
Aínda estás a tempo, acompañas?
O vindeiro 15 de Novembro, dentro do 9º Outono en marcha, colaboramos coa Asociación Senda Nova na ruta "As pegadas do Volframio" na que visitamos o Monte Neme. Aproveitamos tamén para poñer en valor o milenario crómlech da Eira das Meigas co gallo do Día do Patrimonio. Acompañadenos e disfrutade con nós da mellor balconada de Bergantiños! #MonteNeme #HaiOutroMonteNeme
Plataforma pola defensa do Monte Neme. Para poñer en valor, preservar, protexer e dar a coñecer o medio ambiente e o patrimonio cultural do Monte Neme.
Carballo/Malpica. A Coruña. · monteneme.org
-----------------
"Plataforma pola defensa de Monte Neme" (proponents for the Mount Neme defense).
We are a non-profit civil organization for the value enhancement, preservation and protection of cultural, ecological, and socioeconomic heritage of Mount Neme.